Christopher Lee
Christopher Frank Carandini Lee, nado o 27 de maio de 1922 en Londres e finado o 7 de xuño de 2015 na mesma cidade,[1] foi un actor, cantante e militar británico. Con máis de 60 anos de carreira como intérprete, era coñecido pola súa voz profunda e impoñente e por dar vida a miúdo a personaxes malvados. Participou en máis de 200 películas desde o ano 1948 ata o 2015. A súa grande afección ao deporte, así como a súa altura (1,96 metros), convertérono nun dos actores cun físico máis impresionante do panorama cinematográfico internacional.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou por primeira vez coa condesa sueca Henriette Ewa Agnes von Rosen, á que coñeceu na década de 1950.[2] En 1961 casou coa modelo dinamarquesa Birgit "Gitte" Krøncke, coa que tivo unha filla: Christina Erika Carandini.[2] A súa filla casou co galego Juan Aneiros, quen foi durante anos o representante, asistente persoal e máis tarde produtor discográfico do actor.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Christopher Lee a los 93 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xuño de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Lee 2003.
- ↑ Lorite, Jaime (8 de xuño de 2024). "El cazador de nazis con yerno gallego: la extraordinaria vida de Christopher Lee más allá de Drácula". El País (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lee, Christopher (2003). Lord of Misrule: The Autobiography of Christopher (en castelán). Londres: Orion Publishing Group. ISBN 978-0-7528-5770-1.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |